O Camiño

Existen distintas rutas para peregrinar a Santiago. Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á “Casa de Santiago”, á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer todas as rutas de peregrinación. O Camiño de Santiago non é un fin en sí mesmo, senón un medio para chegar á meta: a Tumba de Santiago. Nembargantes, podemos dicir que existen rutas destacadas e tradicionais que concentran a afluencia de peregrinos:

O Camiño Francés

Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.

O Camiño do Norte

Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.

O Camiño Primitivo

Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.

O Camiño Inglés

Así coñecido pola afluencia de peregrinos das illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol e desprazándose desde alí a pe.

O Camiño Portugués

Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.

A Vía da Plata

Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.

A peregrinación debe prepararse desde distintos puntos de vista: o físico, o espiritual e tamén informándose na Oficina do Peregrino de Santiago, nos Bispados, nas Confrarías de Santiago, nas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nas que os antigos peregrinos ou personas cercanas á peregrinación poden facultar datos interesantes ou consellos prácticos.