Acollida Cristiá

A Acollida Cristiá no Camiño (ACC) é o empeño dun significativo número de Diócese e de albergues de Igrexa (parroquiais, de ordes relixiosas, de cofradías) por mellorar a súa atención aos peregrinos do Camiño de Santiago. É verdade que a peregrinación a Santiago creceu e cambiou moito nos últimos anos. A motivación relixiosa non é a única, e para moitos peregrinos non é a fundamental. Con todo, o é para un importante número deles, que buscan unha mellor atención relixiosa e espiritual. E en definitiva Cristo -Camiño, Verdade e Vida- segue e seguirá saíndo ao encontro de todo home que se fai peregrino e propoñéndolle o seu Evanxeo de salvación. A Igrexa estivo implicada dende o principio na hospitalidade aos peregrinos. Actualmente teñen un peso nesta hospitalidade outros axentes que hai trinta anos non estaban presentes no Camiño: institucións, organizacións altruístas, empresas privadas. Xustamente agora que os aspectos de atención humanitaria están mellor garantidos por esta oferta tan plural, xorde a necesidade de ofrecer unha acollida máis identificada. Cada un debe estar no Camiño como o que é, e a Igrexa está para facer presente a Cristo e conducir a un encontro con el, porque cre firmemente que só el sacia de verdade o fame e a sede, cura de verdade as feridas do alma, e alivia o cansazo do corazón do home. Que el é a meta e o sentido de todo peregrinar humano.

En ACC están implicados:

– A Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago de Compostela

– A Comisión Interdiocesana de delegados do Camiño de Santiago

– Unha serie de comunidades relixiosas, masculinas e femeninas, que realizan acollida no Camiño: benedictinas, agustinas, cistercienses, franciscans, dominicos…

– Diversos párrocos e albergues parroquiais

– Hospitaleiros que dedican o seu tempo e o seu entusiasmo a atender as peregrinos en albergues de Igrexa e intentan acompañalos no camiño da fe.

Se crees que o teu albergue ou parroquia debería participar nesta iniciativa, escríbenos a: info@acogidacristianaenelcamino.es

Más información en acogidacristianaenloscaminosdesantiago.org