Ano Santo

Inicio   |   Ano Santo

Ano Xubilar Compostelán

Que é o Ano Santo?

O Ano Santo ou Ano Xubilar Compostelán é un tempo no que a Igrexa concede singulares grazas espirituais aos fieis, a imitación do que a Biblia di do ano xubilar dos israelitas: Cada 7 anos era Ano Sabático, nel recuperaba as terras quen as vendera por necesidade e os escravos adquirían a liberdade. Cada 50 anos era Ano Xubilar (Lv, 25).

Xesús di que El vén anunciar un ano de graza do Señor (Lc, 4,16).

A Igrexa Compostelá, co seu Ano Santo, concede tamén un especial ano de graza.

Cada 11, 6, 5 e 6 anos

Cando é Ano Santo?

O Ano Santo Compostelán celébrase cada vez que o 25 de xullo, festa do Apóstolo Santiago, cae en domingo.

Por este motivo non chega en anos fixos: pola maneira en que encaixan os días da semana e os anos bisestos, repítese con intervalos de 6, 5, 6 e 11 anos. O último Ano Santo celebrouse en 2021, prorrogado a 2022 pola pandemia. O próximo será en 2027, e despois virán os de 2032, 2038 e 2049.

O Ano Santo comeza a tarde do 31 de decembro do ano anterior, coa apertura da Porta Santa da Catedral, e dura todo o ano.

A súa orixe remóntase a 1122, co Papa Calixto II, e o Papa Alexandre III confirmouno para sempre na bula Regis aeterni de 1179.

A Sé de Pedro

Palabras dos Papas

A Sé de Pedro louvou reiteradamente ao longo dos séculos a peregrinación a Santiago e o Ano Santo.

“Nós exhortamos a todos os amadísimos fillos a seguir esa vía de fidelidade evanxélica, de autenticidade cristiá e de iluminada esperanza que, a través dos séculos, guiou a tantas almas ata o Templo Compostelán”.

Paulo VI · A. St 1971

“Comparto a alegría… polo tempo de graza e perdón que o Señor se digna conceder, unha vez máis, á querida comunidade de España e de toda a cristiandade… que o Xubileo sexa para todos ocasión de verdadeira reconciliación”.

Xoán Paulo II · A St 1982

“Convido os peregrinos a que fagan acopio das suxestivas experiencias de fe, caridade e fraternidade que atopen na súa andaina, a que vivan o Camiño sobre todo interiormente, deixándose interpelar pola chamada que o Señor lles fai a cada un deles. Así poderán dicir con ledicia e firmeza no Pórtico da Gloria: «Creo»”.

Bieito XVI · A St 2010

Himno oficial do Ano Santo 2027

Un campo cheo de estrelas

Música e letra de Carlos Martínez Movilla, coa voz de Noelia Álvarez. Dispoñible en galego e en castelán.

En galego

Un campo cheo de estrelas

En castelán

Un campo lleno de estrellas

Gañar o Xubileo

Para gañar o Xubileo requírese:

Visitar a Tumba do Apóstolo na Catedral e rezar algunha oración.

Xa sexa na catedral ou en calquera outro lugar, quince días antes ou despois.

Esta indulxencia é aplicable aos defuntos.

Nin a Graza do Xubileo nin a peregrinación están vinculadas, de seu, á Compostela. Pódese gañar o Xubileo viaxando por calquera medio e é posible recibir a Compostela sen gañar o Xubileo.

Indulxencia e facultades

Grazas xubilares

Indulxencia plenaria

Pódese lucrar unha vez ao día (aplicable aos defuntos), con estas condicións:

  • Visitar a Catedral recitando algunha oración, v. gr. o Pai noso e o Credo, rezando polas intencións do Romano Pontífice.
  • Recibir os sacramentos da confesión (pode ser 15 días antes ou despois) e a sagrada comuñón.

Facultades para confesores

  • Confesar na Catedral, nas parroquias da Cidade e no Monte do Gozo, todos os sacerdotes con licenza para confesar.
  • Absolver de “censuras” agás as reservadas á Santa Sé (v. CIC c 1367, 1370, 1378, 1382 e 1383) pero coas facultades que outorgan os cc 976 e 1357.
  • Conmutar e dispensar de votos nas condicións establecidas pola Igrexa.

Ven gañar o Xubileo

Peregrina ata a Tumba do Apóstolo e vive o Ano Santo 2027. Axudámoste a preparar a túa chegada a Santiago e a participar nas celebracións da Catedral.

Scroll ao inicio