Peregrinación

Inicio   |   Peregrinación

Oración do Peregrino

«Apóstolo Santiago, elixido entre os primeiros, ti fuches o primeiro en beber o cáliz do Señor e es o gran protector dos peregrinos: faznos fortes na fe e alegres na esperanza, no noso camiñar de peregrinos seguindo o camiño da vida cristiá e anímanos para que, finalmente, alcancemos a gloria de Deus Pai. Amén.»

Xerusalén, Roma e Santiago

A peregrinación a Santiago

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade, é unha das máis antigas e principais vías de peregrinación da cristiandade. Desde o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, innumerables peregrinos puxéronse en camiño cara a Compostela, para venerar as súas reliquias, conformando así toda unha cultura xacobea ao longo de Europa.

A peregrinación a Santiago condúcenos á Tumba dun Apóstolo, un dos doce que formou parte do círculo íntimo de Xesucristo e que foi responsable da evanxelización de Hispania, é dicir, foi o transmisor da fe orixinal recibida de Xesús.

Unha historia que une Europa

Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do cristianismo, xunto con Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven ameazada a súa fe polo avance do Islam, afírmanse nela peregrinando cara ao recén descuberto Sepulcro do Apóstolo Santiago, a partir do século IX. Así creáronse paso a paso rutas que conducían a Santiago de Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes países e rexións europeos.

Os séculos XII e XIII foron a época dourada da peregrinación a Santiago. Posteriormente, o Renacemento e a Reforma foron acompañados por ataques ao fenómeno xacobeo que, con todo, mantívose en pé, aínda que con menor afluencia de peregrinos. A Bula de León XIII “Deus Omnipotens”, que verificaba a autenticidade das reliquias apostólicas, significou un novo impulso á peregrinación xacobea, crecendo ao longo do século XX ata os nosos días, nos que a peregrinación se mostra con forza e en auxe.

Rutas tradicionais

O Camiño

O Camiño non é un fin en si mesmo: condúcenos á Tumba do Apóstolo. Tradicionalmente, cada peregrino partía da súa casa para chegar á «Casa de Santiago», a Catedral.

Explora os 13 percorridos que tamén atoparás na páxina principal, cos seus mapas, puntos de saída e etapas.

Mapa do Camiño Inglés desde Ferrol
Ferrol → Santiago

Camiño Inglés · desde Ferrol

Pontedeume → Betanzos → Mesón do Vento → Sigüeiro → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Inglés desde A Coruña
A Coruña → Santiago

Camiño Inglés · desde A Coruña

Carral → Abegondo → Ordes → Sigüeiro → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Portugués: Tui a Santiago
Tui → Santiago

Camiño Portugués

O Porriño → Redondela → Pontevedra → Caldas → Padrón → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa da Variante espiritual: Vigo a Santiago
Vigo → Santiago

Variante espiritual

Soutomaior → Poio → Ribadumia → Vilanova. Treito en barco ata Valga ou Pontecesures → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Primitivo: Lugo a Santiago
Lugo → Santiago

Camiño Primitivo

Friol (Guntín) → Melide → Arzúa → Pedrouzo → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño do Norte: Vilalba a Santiago
Vilalba → Santiago

Camiño do Norte

Begonte → Sobrado → Arzúa → Pedrouzo → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa da Ría Muros-Noia · desde Cee: Cee a Santiago
Cee → Santiago

Ría Muros-Noia · desde Cee

Carnota → Muros → Serra de Outes → Noia → Urdilde → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa da Ría Muros-Noia desde Porto do Son
Porto do Son → Santiago

Ría Muros-Noia · desde Porto do Son

Lousame → Brión → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa da Vía da Prata: Ourense a Santiago
Ourense → Santiago

Vía da Prata

Cea → Castro Dozón → Lalín → Silleda → Lestedo → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño A Orixe: Ribeira (Corrubedo) a Santiago
Ribeira (Corrubedo) → Santiago

Camiño A Orixe

Pobra do Caramiñal (Xobre) → Boiro → Rianxo → Dodro → Teo ou O Milladoiro → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Miñoto: Ribadavia a Santiago
Ribadavia → Santiago

Camiño Miñoto

Boborás → Forcarei (Soutelo de Montes) → A Estrada (O Foxo) → Vedra → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Francés: Sarria a Santiago
Sarria → Santiago

Camiño Francés

Portomarín → Palas de Rei → Arzúa → Pedrouzo → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →
Mapa do Camiño Taverneiro
Salvaterra → Santiago

Camiño Taverneiro

Ponteareas → Moscoso → Carballedo → Codeseda → Couso/Pontevea → Santiago de Compostela.

Coñecer o camiño →

Antes de poñerte en camiño

A peregrinación debe prepararse desde distintos puntos de vista: o físico, o espiritual e tamén informándose na Oficina do Peregrino de Santiago, nos Bispados, nas Confrarías de Santiago e nas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, onde antigos peregrinos ou persoas próximas á peregrinación poden facilitar datos interesantes e consellos prácticos.

ACC

Acollida Cristiá no Camiño

A Acollida Cristiá no Camiño (ACC) é o empeño dun significativo número de Dioceses e de albergues de Igrexa (parroquiais, de ordes relixiosas, de confrarías…) por mellorar a súa atención aos peregrinos do Camiño de Santiago.

O sentido da acollida cristiá

É verdade que a peregrinación a Santiago creceu e cambiou moito nos últimos anos. A motivación relixiosa non é a única, e para moitos peregrinos non é a fundamental. Non obstante, é para un importante número deles, que buscan unha mellor atención relixiosa e espiritual. E en definitiva Cristo —Camiño, Verdade e Vida— segue e seguirá saíndo ao encontro de todo home que se fai peregrino e propoñéndolle o seu Evanxeo de salvación.

A Igrexa estivo implicada desde o principio na hospitalidade aos peregrinos. Actualmente teñen un peso nesta hospitalidade outros axentes que hai trinta anos non estaban presentes no Camiño: institucións, organizacións altruístas, empresas privadas… Xustamente agora que os aspectos de atención humanitaria están mellor garantidos por esta oferta tan plural, xorde a necesidade de ofrecer unha acollida máis identificada. Cada un debe estar no Camiño como o que é, e a Igrexa está para facer presente a Cristo e conducir a un encontro con El, porque cre firmemente que só El sacia de verdade a fame e a sede, cura de verdade as feridas da alma, e alivia o cansazo do corazón do home. Que El é a meta e o sentido de todo peregrinar humano.

Unha rede de acollida

A ACC reúne persoas e comunidades que comparten unha mesma tarefa: recibir o peregrino e acompañalo no seu camiño de fe.

Orientación

A Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago de Compostela e a Comisión Interdiocesana de delegados do Camiño de Santiago.

Hospitalidade

Parroquias, albergues de Igrexa e comunidades relixiosas: beneditinas, agostiñas, cistercienses, franciscanos e dominicos, entre outras.

Acompañamento

Hospitaleiros que dedican o seu tempo e entusiasmo a atender os peregrinos e acompañalos no camiño da fe.

O teu albergue ou parroquia quere sumarse? Escríbenos.

Ao chegar a Santiago

O abrazo ao Apóstolo, a visita á súa Tumba, a Compostela… Descubre os ritos cos que o peregrino culmina o seu Camiño na Catedral.

Scroll ao inicio