Este sábado 10 de abril, a Catedral de Santiago acolle a cerimonia de ordenación de D. Francisco José Prieto, nomeado polo Papa Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela. Presidirá a celebración o Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio Barrio.

Desenvolvemento da cerimonia

11.00 h. Inicia a celebración relixiosa. A procesión de entrada accede á basílica desde a Porta do Tesouro, na nave central, e diríxense ata o Altar Maior, onde se desenvolve a celebración:

Ritos iniciais e liturxia da Palabra
Liturxia da Ordenación
Liturxia Eucarística
Funcionamento do Botafumeiro e bendición final

INDICACIÓNS

REDACTORES: É necesario que os redactores se acrediten previamente, indicando nome e medio ao que pertencen.

TELEVISIÓN: Por razóns de espazo e seguindo as recomendacións de seguridade, non se permitirá a instalación de cámaras de tv no interior da basílica. A Canle 13TV retransmitirá en directo a cerimonia, e poñerá ao dispor dos medios que o desexen imaxes da mesma. Para iso, os medios poden contactar directamente co responsable de Produción e Retransmisións no correo electrónico: fdelamatta@trecetv.es.

FOTOGRAFÍAS: as fotografías da cerimonia serán distribuídas polo servizo fotográfico do Arcebispado.

RADIOS: Cadea Cope e Radio María retransmitirán en directo a cerimonia.

AVISO: O acceso aos visitantes permitirase unha vez terminada a cerimonia de ordenación, ao redor das 13:30 h. Ata ese momento non se poderá acceder á catedral, xa que o aforo está completo.