A Archicofradía Universal do Apóstolo Santiago organiza neste ano 2021 un ciclo de conferencias en liña con motivo do Ano Santo Compostelán.

A primeira delas terá lugar este xoves, día 20 de maio, ás 18 horas e terá como protagonista ao presidente da Archicofradía, Anxo González Fernández que abordará o tema Iconografía de Santiago, o chamado Matamoros.

A conferencia poderá seguirse a través da ligazón que se publicará nesta web o mesmo día da conferencia.