Este xoves, día 17 de xuño,dentro do Ciclo de Conferencias con motivo do Ano Santo Compostelán contaremos co xornalista e investigador Manuel F. Rodríguez que abordará o suxestivo tema Anos Santos Composteláns do século XX e Xacobeo: Xuntos pero non revoltos.

A conferencia celebrarase ás 18 horas e poderá seguirse grazas á ligazón que se publicará na web da Archicofradía Universal do Apóstolo Santiago www.archicofradia.org