O mércores 17 de febreiro, ás 18:00 h., o Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Don Julián Barrio Barrio presidirá a Santa Misa de inicio da Coresma, no Altar maior da Catedral de Santiago de Compostela, coa imposición da cinza. É día de xaxún e abstinencia.

Os venres de coresma recupérase o costume do rezo da Santo Vía Crucis polas naves da Catedral, despois da Misa do Peregrino da tarde (debido ás restricións, por agora ás 18:00 h.).