Os traballadores da Oficina de Acollida ao Peregrino en Santiago de Compostela realizaron o seu particular Xubileu neste ano Santo 2021, realizando unha invocación ao Apóstolo Santiago, durante a Misa do Peregrino, que presidiu o Arcebispo, Monseñor Julián Barrio. Durante o seu invocaión solicitaron axuda nas súas tarefa diaria, á vez que pediron que o seu «traballo cos peregrinos sexa ocasión de consolo e acollida e oportunidade para atopar no rostro de cada un deles o rostro de Cristo”. Na celebración tamén participou o delegado de peregrinacións do cabido catedralicio, Segundo Pérez.