Este xoves, día 10 de xuño, retomamos os directos no noso Ciclo de Conferencias con motivo do Ano Santo Compostelán e farémolo escoitando ao noso Consiliario e Deán-Presidente do Cabildo Catedralicio, D. José Fernández Lago.

A conferencia celebrarase ás 18 horas e poderá ir seguida dun coloquio entre os asistentes.

D. José Fernández Lago abordará, nesta ocasión, o tema O xubileu na Biblia, na historia e en Santiago de Compostela.

A conferencia poderá seguirse grazas á ligazón que se publicará en www.archicofradia.org