A Igrexa compostelá ponse en marcha para preparar xa a celebración do próximo Ano Santo de 2021. Será unha data “redonda”, xa que será o terceiro do século XXI e o cento vinte da historia da Igrexa.

Este venres reuniuse por primeira vez a Xunta que se encargará da súa preparación. Consta de trece membros presididos polo arcebispo compostelán, mons. Julián Barrio. Na Xunta figuran o bispo auxiliar, mons. Jesús Fernández, membros do cabido, representantes das delegacións diocesanas, da archicofradía, de congregacións relixiosas e de laicos.

Na reunión o arcebispo compostelán lembrou aos asistentes que o obxectivo prioritario debe ser o espiritual. Por tanto, a Iglesia fará especial fincapé na primicia da graza. Neste sentido mons. Barrio lembrou que “corremos o perigo de esquecer a necesidade de xustificar o sentido da vida. O sentido é o ámbito de responder as preguntas máis profundas do ser humano. Non podemos perder de vista o maxisterio do papa Francisco, que nos ensina a peregrinar desde a profundidade e o sentido da transcendencia, buscando a propia identidade do camiño, a perfección, a paz interior, a caridade e a santidade”. O próximo Ano Santo ha de ser “ocasión de conversión, momento para anunciar o Evanxeo co espírito das bienaventuranzas a fin de axudar a unha necesaria renovación moral”.

Mons Barrio tamén destacou que Santiago ha de ser “lugar de acollida e hospitalidade cultual, cultural, pastoral, artística… pero sobre todo está chamada a ser centro de espiritualidade do terceiro milenio. Santiago debe ser, como alguén dixo, a Xerusalén de Occidente”.

A Xunta será a encargada de preparar o Ano Santo e sensibilizar sobre a finalidade espiritual do Camiño. A próxima reunión será en xaneiro.